“Mar por medio ou no medio do mar”. Luís Celeiro

27 Setembro 2025

Agardaba que baixara a marea ou que a marea subira. Estaba soa e agardaba que pasara o tempo e
o tempo non se paraba. Era imposible de saber que era o que ocorría aquel día na Mariña, que -por
certo, aínda que sen constancia escrita- limita con Inglaterra, mar por medio. Ou como dicían outros
dos expertos relatores do acontecer, A Mariña de Lugo e a provincia enteira, xunto co resto de
Galicia, está no medio do mar. Si, señor, no medio do mar ou entre mares.
Destas elucubracións, e de outras tales, falouse en Ribadeo, no marco das xornadas “Mar por
medio” que se desenvolveron neste lugar xacobeo por arte e obra da Academia Xacobea, do
Concello de Ribadeo, das universidades de Santiago de Compostela e de Oviedo, de Turismo de
Galicia, do Principado de Asturias e a Deputación Provincial de Lugo. Constituíron un verdadeiro
éxito, pola importancia, o saber e as explicacións dos relatores; pola organización do evento, pola
asistencia cualificada e plenamente entregada á causa do Xacobeo. Por todo.
É obvio que estas xornadas están verdadeiramente consolidadas, para orgullo dos participantes, do
alcalde de Ribadeo, dos membros da corporación municipal, dos traballadores e técnicos do
municipio e de todas as persoas que buscan o desenvolvemento e o progreso da terra e dos homes.
O presidente da Academia, Marcelino Agís, estaba entusiasmado cos logros, con contar os logros e
con facer “o que faga falta”, para lograr que o Camiño de Santiago sega desfrutando do seu enorme
éxito. “É igual que unha ponte -dicía- cruza ríos, une territorios, xeografías, terra e mares.
O Camiño de Santiago permítelles aos observadores contemplar como se achican as discrepancias e
como medra a razón, cando se aplica o coñecemento ao falar, á divulgación e á discusión. Galicia e
os seus arredores están unidos por terra e por mar, por cultura e por lingua, por ineficientes
estradas e moi deficientes vías férreas. Están unidos, eles e mais nós, polo acontecer de cada día,
polo clima e pola xente; pola gastronomía, polo territorio e polos costumes.
Nas Xornadas Mar por medio, todos os ilustres relatores e representacións ao máis alto nivel, falaron
do Camiño de Santiago como patrimonio, como un ben común da humanidade, coa terra e cos
mares. De cada persoa e de cada pobo. Que así sexa!

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.