Un ciclista resultou ferido tras ser atropelado por un autobús escolar en Ribeira

26 Setembro 2025

Rexistrouse no quilómetro 37 da AC-305, preto de Palmeira, e os nenos que viaxaban no autocar foron xa levados ao seu centro escolar. O ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Dez minutos antes das 9 horas, o 112 Galicia tivo constancia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dun ciclista que foi atropelado por un autobús escolar en Palmeira, Ribeira. Desde o primeiro momento confirmouse que o implicado precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participan, ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os servizos de mantemento da estrada.

Desde Urxencias Sanitarias informaron da mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.