Este mércores proseguen as reunións veciñais do Concello de Noia, desta volta en San Paio

24 Setembro 2025

Este mércores 24 de setembro proseguen nas parroquias de Noia as sesións cidadás e participativas organizadas polo Concello, baixo o lema O Goberno Escoita. A nova cita serán no Local social de San Paio, a partir das 19.00 horas.

A xuntanza forma parte da serie de reunións programadas polo Concello en todas as parroquias e zonas de Noia nas que a veciñanza poderá achegar directamente ao alcalde e ao conxunto do equipo de Goberno.

Dende o Consistorio fan o seguinte chamamento: “Se vives en San Paio, esta é a túa oportunidade para coñecer de primeira man a situación do Concello, compartir propostas e resolver todas as túas dúbidas”.

As sesións comezaron o pasado 19 de setembro, cunha reunión coa veciñanza de Ousoño na que participaron representantes do novo Concello, por unha banda, e medio cento de veciños e veciñas, pola outra. No transcurso do encontro tratáronse de preto cuestións como o calendario de rozas, a limpeza, o subministro de auga para consumo doméstico ou o saneamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.