“Conchita”. Xulio Xiz

22 Setembro 2025

A miña veciña vilalbesa Raquel Tenreiro falábame nos anos sesenta de Pardo Ouro, o doutor lucense ao que dedicaba os maiores eloxios. Anos despois, souben do matrimonio Pardo-Teijeiro como o máis glamuroso de Lugo, pola conxunción de ciencia e sociedade que amosaba a especial parella.

Conchita conquistoume cando contemplei a sua relación cos rapaces de Aspnais, cos que era nai, madriña ou irmá maior, co sorriso por bandeira, coa palabra garimosa como arma, coa presencia invasiva e contaxiosa que facía que todo xirase arredor dela, mellorando todo o que habia arredor.

Hai trinta anos, en Televisión Lugo, pensei en Conchita para presentar mensualmente un dos Feminino Plural, e Conchita non só foi presentadora televisiva senón que de paso conquistounos a todos, rendidos diante daquela muller natural e sinxela, que presumía de vestir en Zara, que falaba con todos, que a ninguén deixaba impasible, que fixo de Aspnais unha bandeira, e que se aínda non ten en Lugo unha rúa é porque o concello considerou que ata agora non atopara unha vía sen bautizar á súa medida.

Replegada en si mesma, Conchita deixou de frecuentar o Lugo público que lle pertencía, e fóisenos en silencio esta fin de semana pasando do agarimo á lenda; da presenza luminosa á historia social da cidade á que fixo máis leda e máis humana.

Quen queira saber como era Conchita, achéguese a Aspnais,. Na entrada verá a escultura en bronce dunha fermosa muller que abraza a un rapaz con agarimo de nai. Ese é o lugar perfecto; esa era ela; e o rapaz representa aos centos de almas nobles que veñen de perder o ser máis querido por todos.

Outros artigos

Atopan o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Cee

O cadáver foi localizado por un particular na tarde deste venres na zona do antigo estaleiro, na rúa da Mariña. Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste venres, 27 de novembro, o corpo sen vida dunha persoa que apareceu aboiando no mar no municipio coruñés...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...