A Deputación da Coruña celebra os Días Europeos do Patrimonio con máis de 15 actividades por toda a provincia

19 Setembro 2025

Do 30 de setembro ao 5 de outubro a provincia da Coruña será escenario da segunda edición das Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación (XEPDAC), que inclúen visitas guiadas, contacontos, música, xogos, astronomía e rutas nocturnas.

A presentación do programa tivo lugar esta mañá na antiga fábrica de Conservas Cerqueira, en Ribeira, coa participación do deputado de Patrimonio, Xosé Penas, e do alcalde do municipio, Luís Pérez Barral.

Este ano, o lema elixido polo Consello de Europa e a Unión Europea é “Patrimonio Arquitectónico: fiestras ao pasado, portas ao futuro”. Segundo destacou Penas, a Deputación únese por segundo ano consecutivo a esta celebración co obxectivo de achegar o patrimonio á cidadanía e poñelo en valor: “Se non coidamos este legado, corremos o risco de perder unha parte de nós mesmos”.

Pola súa banda, o rexedor de Ribeira agradeceu a colaboración da Deputación e puxo en valor o enclave de Cerqueira como símbolo do patrimonio industrial local: “Temos o deber de conservalo e dalle un uso social, e estas xornadas son un primeiro paso importante”.

Programa

As XEPDAC arrancarán con actividades escolares e continuarán durante a fin de semana con propostas abertas ao público e de acceso gratuíto, con inscrición previa.

  • Martes 30 setembro – xoves 2 outubro: actividades para escolares en Bergondo, Malpica e Tordoia.
  • Venres 3 outubro (Barbanza): visitas á Central Hidroeléctrica do Tambre (Noia), Conservas Cerqueira (Ribeira) e minas de San Finx (Lousame).
  • Sábado 4 outubro (Occidente): visitas ao Faro do Cabo Vilán (Camariñas), á Baleeira de Caneliñas (Cee) e ao xacemento romano de Brandomil (Zas). O día pechará cun obradoiro de astrofotografía no monte San Bartolo (Vimianzo).
  • Domingo 5 outubro (Interior): visitas ao Batán de Mezonzo (Vilasantar), Castelo de Mesía (Mesía) e Igrexa de Santo Antoniño de Toques (Toques).

A asistencia é gratuíta, pero require inscrición previa a partir do 22 de setembro ás 12:00h a través da web da Deputación: dacoruna.gal/patrimonio/xepdac.

Interior da vella fábrica de Cequeiras

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.