“Imparcialidade”. Luís Celeiro

19 Setembro 2025

Como e cando se pode ser imparcial e calar? É imparcial aquela persoa ecuánime e obxectiva, que
actúa na procura da verdade. Aquela persoa respectable que quere para si e para os demais unha
sociedade xusta e asentada no principio da igualdade, sen favoritismos e recoñecendo que cadaquén
ten que defender os seus dereitos e cumprir coas súas obrigas. Para a imparcialidade sobran tódolos
prexuízos. Hai que mirar, escoitar e falar con normalidade, con sosego e defendendo sempre a
autenticidade e a veracidade.
A sociedade en xeral e cada un dos seus integrantes ten que esixir honestidade ás persoas que
ocupan postos de mando, na política, en calquera das institucións, na empresa ou nos sindicatos. E
todos saben (sabemos) que esta honestidade é conveniente en todos os sectores, pero de modo moi
especial na xustiza, na administración pública e nos medios de comunicación. Que sería deste xornal,
se puidera alguén acusalo de parcial? Que sería?
Os medios de comunicación, e os traballadores dos mesmos, saben que a súa reputación é a forza
que posúen para desenvolver correctamente a tarefa de informar, de contar os acontecementos
conforme á realidade, guste ou non guste. Ao poder moitas veces non lle gusta a realidade e, en vez
de modificala, pretenden ocultala, tapala ou esfumala.
Onde están os inimigos da imparcialidade? Moitos pensan que un deles é a sen razón da política dos
oportunistas, dos partidos oportunistas, dos políticos oportunistas e dos perversos argumentos
diarios dos argumentadores asalariados. A ideoloxía e o pensamento de cada persoa pode dificultar
a imparcialidade, pero nunca debe erradicar os principios da honestidade, da honradez e da
lealdade.
Cadaquén ten a súa opinión e a confrontación poida que achegue unha visión máis ampla, máis
completa e máis real da situación. A Tía Manuela entende que é posible defender cada un o seu
pensamento e respectar o pensar dos outros, daqueles que pensan por si, sen a influencia dos
argumentadores e asesores que “viven do conto”, que esaxeran os erros dos adversarios, que miran
para o embigo e non ven nada fóra do seu arredor. A don José Félix Tezanos Tortajada, onde
consideran que debemos situalo? Podería ser un dos fabricantes de argumentos matinais? Quen
sabe!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...