Ribeira convoca a 12ª edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

18 Setembro 2025

O Centro Recreativo de Artes e o Concello de Ribeira, a través da súa área de Cultura, veñen de convocar a 12ª edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes, unha iniciativa que busca fomentar a creación literaria en lingua galega entre persoas de todas as idades.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o domingo 26 de outubro ás 23:59 horas. As obras deberán ser orixinais e inéditas, e poderán remitirse tanto por vía presencial ou correo postal ao Centro Recreativo e Cultural de Artes (Ribeira), como por correo electrónico en formato PDF a centrorecreativoartes@gmail.com.

Categorías e premios

O certame contempla diferentes categorías en función da idade:

  • 9 a 11 anos: pezas de entre 20 e 30 versos.
  • 12 a 14 anos: pezas de entre 25 e 50 versos.
  • 15 a 17 anos: pezas de entre 50 e 100 versos.
  • Adultos (a partir de 18 anos): pezas de entre 50 e 150 versos.
  • Categoría especial para persoas maiores: poesía (20 a 50 versos) ou relatos/lendas de ata unha páxina.

En todas as categorías haberá primeiros e segundos premios, con placas conmemorativas, vales de material escolar ou deportivo para os máis novos, e premios en metálico de ata 250 euros para a categoría de adultos. Ademais, outorgaranse mencións especiais e publicarase unha escolma cos textos seleccionados.

Acto de entrega

A decisión do xurado darase a coñecer nun acto público o domingo 16 de novembro ás 17:00 horas, nos locais do Centro Recreativo e Cultural de Artes, coa colaboración do Concello de Ribeira. O evento rematará cun pequeno ágape.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.