A Policía Local e a Garda Civil de Rianxo levaron aos traballadores 800 máscaras

21 Abril 2020

Co obxectivo de protexer á cidadanía da pandemia de COVID-19 ao mesmo tempo que se frea o seu espallamento e se garanten as disposicións do Decreto de Alarma, a Policía Local e a Garda Civil de Rianxo intensificaron os días pasados o reparto de material de protección entre empresas e trabalaldores de todos os recantos do concello.

Segundo fixeron saber ambos corpos policiais, ao abeiro do seu traballo conxunto e coordinado distribuíronse 800 máscaras a semana pasada, dentro dun plan de reparto de distribución coordinado dende a Delegación do Goberno de Galicia.
Estas máscaras súmanse as preto de 8.000 repartidas polo Concello de Rianxo e elaboradas por voluntarias e voluntarios co apoio de varias empresas en tarefas loxísticas e de reparto.

A maiores, o Goberno local anunciou no seu Facebook que realizou xa un pedido de 10.000 máscaras a unha empresa local, co obxectivo de achegalas á cidadanía en canto sexa posíbel e “que non fique ningunha veciña nin veciño sen contar con este material de protección”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.