Patrimonio dá o visto e prace ao proxecto de centro de día de Rianxo

17 Setembro 2025

O Concello de Rianxo confirmou esta semana que o proxecto de centro de día polo que a cidadanía do municipio leva agardando dende hai anos ten visos de converterse axiña nunha realidade. Este martes 16 de setembro o Consistorio recibiu a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pola cal autorízanse as obras proxectadas no Pazo de Rianxiño coa finalidade de que acolla o centro de día.

“Así as cousas”, informou nas redes o alcalde, Julián Bustelo, “nas vindeiras semanas levaremos ao Pleno a aprobación deste importante proxecto que conta cun orzamento lixeiramente superior aos 170.000€”.

Prevese que o futuro espazo poida chegar a contar cunhas 45 prazas.

“Trátase dun recurso sociosanitario fundamental para o que vimos traballando dende o primeiro segundo da lexislatura e que cada vez está máis preto”, confirmou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.