Rianxo vibra esta “finde” co arrinque das Festas da Guadalupe

13 Setembro 2025

Este venres 12 deron comezo as Festas da Guadalupe de Rianxo, organizadas pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula estenderase até o vindeiro 19 de setembro. Logo do chupitaso deste venres, da Festa dos 90 e do concerto de The Cuncas, o sábado 13 arrincou con forza: coa Banda da Escola de Música de Rianxo, Trécola, Channel (sesión vermú con orquestra), Naitinain e Fogo Fatuo. Ademais, ás 10h levouse a cabo unha ruta cicloturista dende a praza de Castelao (Peña Cicloturista Castro Barbudo) e polo serán celebrouse unha novena con ofrenda na Capela da Guadalupe. Ademais, ás 20h comeza unha nova edición do Certame de Corais no Auditorio (Coral Abraira de Asados máis corais convidadas) e, á mesma hora, unha charanga polas rúas da vila rianxeira con Os Celtas. Pola noite haberá verbena (a partir das 21.30h) con: Orquestra Channel, Pili Pampín, Mekanika Rolling Band, Coolnenas e Galician Army.

O domingo 14 comezará coas alboradas a cargo da Banda de Música de Catoira e a Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña. Logo haberá (ás 11h) unha recepción á veciñanza de Requejo de Sanabria (Zamora) e á Comisión de Festas dos Prados – Xesta (A Lama). Ás 11h tamén comezará unha rondalla polas rúas da vila con Mariachi Perla. Ás 12 celebrarase unha misa solemne na Capela da Guadalupe coa Coral Abraira, coa Virxe da Guadalupe de Os Prados (Xesta), con Las Mañanitas e con Mariachi Perla. Ás 13 será a procesión marítima e ás 18h actúa a Banda de Música de Catoira na praza da Igrexa. Ás 19h será a quenda de Sós e á mesma hora haberá baile-romaría no paseo da Ribeira co Trío Alborada. Ás 20h a agrupación local Vai de Roda ofrecerá unha actuación na praza da Igrexa e pola noite haberá verbena co Grupo Beatriz e con Arizona. Ás 0.00 comezan os fogos.

O luns 15 arrinca coa Banda Cultural de Arcade e cos xogos das Juadalupeñas na praza de Castelao (11.30). Ás 14h haberá unha sesión vermú con Unión y Fuerza e logo ás 15h celebrarase o xanta popular das Juadalupeñas no parque da Martela. Ás 18h será o Festivaliño e á mesma hora actuará a Banda de Arcade na praza da Igrexa. Ás 20h haberá cantos populares na praza da Igrexa con Cántañe a Rianxo e Río do Anxo. Pola noite, ás 22h, actúan Unión y Fuerza e Gran Parada.

O martes 16 arrincará con actividades de cultura urbana na praza da Igrexa e nos xardíns da Ribeira, e logo das alboradas de O Son do Río haberá unha sesión vermú na praza de Castelao a cargo de Dilema (ás 14h). Pola tarde haberá máis obradoiros e demostracións de cultura urbana (breakdance, beatbox, rap) e ás 17h celebrarase o Día de Padrón. Ás 18.30 comezarán as actividades de irmandade coa vila de Padrón: recepción de autoridades (coa Banda da Escola de Música de Rianxo) e un concerto coa Banda Municipal de Padrón (no Campo de Arriba). Ás 20h actuará a charanga Charandonga polas rúas da vila e ao mesmo tempo celebrarase un obradoiro de freestyle e concertos de rap en galego na praza da Igrexa (Ceibarimas, O Pirata, Big Meu, NubeNegra, Jallejo, XianPais, Mog e Carola). Pola noite verbena con Cougar e Marbella, ás 22h.

O mércores 17 arrinca con música na rúa a cargo de Os Festas, a partir das 11h. Logo haberá circo na rúa na praza da Igrexa ás 13h co Asacocirco Show. Despois celebrarase unha sesión vermú co Trío Alborada (ás 14.00 na praza de Castelao). Ás 15h comezarán as homenaxes aos maiores co Xantar de Confraternidade e o baile (con José Manuel Domínguez). Ás 18h actúa na praza da Igrexa a Banda de Música de Visantoña e ás 19h Ulex na rúa do Medio. Ás 20h haberá novamente circo na rúa (na praza da Igrexa) co espectáculo O Rei Midas e ao mesmo tempo actuará nas rúas da vila rianxeira a Charanga Furruxa. Pola noite, verbena con Cayenna e Satélites, a partir das 22h.

O xoves 18 será o día do Feirón Mariñeiro (A Feira do 1925) nas rúas do centro histórico, con feira de artesanía e a colaboración das asociacións culturais locais. Ás 13h actúa Cé Orquestra Pantasma e logo o Grupo Alaska (ás 14h na praza de Castelao). Ás 20h haberá unha Rianxeira Popular nos xardíns da Ribeira e ás 21 a nova edición da Noite Folc con Benofán, Alvariza e Maruxa e Coralia Dilleis. Pola noite verbena con Banda Gaudí e New York, ás 22h.

O venres 19 será o día infantil. Haberá unha xincana inchábel na praza Virxe da Guadalupe (a partir das 11h), unha festa da escuma na praza de Castelao (ás 13h), unha sesión vermú con Mar de Arousa e pola noite (ás 23h) unha gran verbena infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona. Logo da Rianxeira Infantil das 0.00 horas actuarán Mar de Arousa, Ritmo Xoven e Saudade. Ás 2.00 horas será a gran traca final da festa coas bengalas e o canto colectivo de A Rianxeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...