Este xoves rematan as Festas do Carme de Porto do Son con actividades para a rapazada no xardín do porto e verbena con París de Noia e Triunfo

10 Setembro 2025

Proseguen en Porto do Son as Festa do Carme edición 2025, organizadas novamente pola Comisión de Festas de Porto do Son en colaboración co Concello.

A axenda, que achegou este días un amplo e variado programa de actividades (relixiosas, musicais, de lecer, deportivas), pon o foco este xoves 11 de setembro, último día de celebracións, na rapazada. Sobre todo pola tarde: ás 17.00 horas haberá xogos para a cativada no xardín portuario (en caso de choiva ou humidade no terreo as actividades trasladaranse ao Pavillón de Santa Irene, na propia vila de Porto do Son).

As festas rematarán estes xoves 11 de setembro, o día da Caridade. Logo das dianas e alboradas co grupo de gaitas Canlebó haberá misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ás 17.00 horas haberá actividades para a rapazada no xardín do porto: os inchábeis de Tikolandia e unha festa da escuma. Pola noite será a quenda da verbena coas orquestras París de Noia e Triunfo, máis a cabina de Discomóbil Chocolate. A partir das 0.00 horas tiraranse os fotos de artificio e a continuación haberá ruada e festa da auga coa Charanga Os Celtas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.