O alcalde de Padrón e a concelleira de Servizos Sociais visitaron o Centro de Día Iglemen

06 Setembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, visitaron na tarde deste venres 5 de setembro o Centro de Día Iglemen, situado na rúa Pasaxe do Sar, no entorno da praza da Leña. O centro, que abriu as súas portas en 2016, ofrece atención e acompañamento a persoas maiores de 65 anos.

O encontro transcorreu nun ambiente próximo e cheo de diálogo, no que maiores, profesionais e representantes municipais compartiron anécdotas, lembranzas e historias persoais. Os usuarios felicitaron ao alcalde polas últimas melloras realizadas en Padrón, como a limpeza da Fonte do Carme, situada moi preto do centro, e aproveitaron para interesarse pola súa traxectoria persoal e familiar.

Pola súa parte, Anxo Arca e Mariló Saco amosaron interese polas rutinas diarias dos maiores no centro e fixéronlles entrega de varios xogos de mesa, barallas e un bingo, que foron recibidos con moita ilusión.

A xornada rematou cun intercambio moi especial: os usuarios entregaron aos representantes municipais unha carta colectiva con mensaxes elaborados por todos eles e varias caixas de bombóns, que logo compartiron entre todos nun momento cargado de simbolismo e afecto.

O Goberno local destacou “a importancia de manter un contacto directo cos maiores da vila, escoitar as súas necesidades e seguir fortalecendo vínculos que fan comunidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.