A Xunta enviou 50.575 unidades a concellos residencias e entidades sociais do Barbanza nas Ășltimas tres semanas

18 Abril 2020

A Xunta enviou aos concellos, residencias e entidades sociais da comarca do Barbanza mĂĄis de 50.500 unidades de protecciĂłn nas tres Ășltimas semanas
para loitar na crise do coronavirus, ademais de 81 botes de 500 ml de xel hidroalcohĂłlico e 99 garrafas de 5 litros de desinfectante.
Cos diferentes envĂ­os en conxunto os municipios e entidades da comarca recibiron 25.150 luvas, 24.099 mascarillas, 888 buzos de protecciĂłn, 320 batas de plĂĄstico e 118 mandĂ­s de plĂĄstico, asĂ­ como diverso material de produtos de desinfecciĂłn e limpeza.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Ovidio Rodeiro puxo en valor “a colaboraciĂłn institucional da Xunta de Galicia cos concellos” para “sumar esforzos” para contribuĂ­r na loita contra a expansiĂłn do virus. Nesta liña, convidou a tĂłdalas instituciĂłns a colaborar co Goberno autonĂłmico porque “a prioridade fundamental Ă© garantir a protecciĂłn dos cidadĂĄns e todos debemos remar nesa direcciĂłn”.
Ademais, engadiu que “os envĂ­os da Xunta de Galicia ĂĄ comarca continuarĂĄn nas vindeiras semanas para garantir a protecciĂłn das persoas que se atopan na primeira liña na loita contra o coronavirus”.
A administraciĂłn autonĂłmica reitera que todo o material entregado cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e estĂĄ en perfectas condiciĂłns para o seu uso.

Unidades enviadas a concellos residencias e entidades sociais do Barbanza
Unidades enviadas a concellos residencias e entidades sociais do Barbanza

Outros artigos



Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – JosĂ© Manuel Pena

“A crise nos nenos” – JosĂ© Manuel Pena

A parella estĂĄ sen traballo e unicamente perciben pouco mĂĄis de 600 euros mensuais. Teñen dĂșas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestaciĂłn non entra, no caderno do banco, ata o dĂ­a dez de cada mes. Desde...