Remata cunha gran festa o Campamento Concilia Verán 2025 de Rianxo

01 Setembro 2025

O tenente de alcalde, Julio Alcalde, e a concelleira de Política Social, Ana Vidal, participaron este sábado 30 de agosto na festa clausura do Campamento Concilia Verán 2025 que levou a cabo o Concello de Rianxo durante os meses de xullo e agosto e no que participaron 240 rapaces e rapazas.

Na festa de despedida do campamento a rapazada asistente puido desfrutar dunha xornada con inchábeis, obradoiros de traballos manuais e xogos.

A tradicional romaría do Campamento Concilia Verán do Concello de Rianxo celebrouse finalmente, dadas as condicións meteorolóxicas, no pavillón do CEIP Ana María Diéguez de Asados (sendo o emprazamento inicialmente previsto o campo de Santa Lucía). Ás 13.30 horas actuou Cé Orquestra Pantasma e pola tarde, ás 19.00 horas, foi a quenda da agrupación de rock infantil Uxía Lambona e a Banda Molona.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...