Regresan este outono as andainas patrimoniais do Concello de Outes

27 Agosto 2025

Volven, co inicio do novo curso as rutas organizadas polo Concello de Outes para dar a coñecer entre veciños e visitantes os seus importantes tesouros paisaxísticos, ambientais e patrimoniais, desenvolvidas baixo o epígrafe Coñece o noso patrimonio.

As rutas de outono comezan o vindeiro 7 de setembro co Paseo polo mar e monte en San Cosme, con saída ás 9.00 horas dende a Igrexa de San Cosme de Outeiro e con 9 quilómetros de percorrido. Proseguen o domingo 21 coa Visita ás capelas e castro de Santo Ourente, con saída ás 9.00 horas da igrexa parroquial e con distancia de 8 quilómetros.

A terceira ruta deste outono será De San Tirso á Catedral da Electricidade, o domingo 5 de outubro. A saída será ás 9.00 horas dende a igrexa parroquial de San Tirso de Cando, cun percorrido de 8 quilómetros. O ciclo rematará o domingo 19 de outubro co roteiro A Santa Lucía por Entíns, con saída ás 9.00 horas dende a igrexa parroquial de Santa María de Entíns e cunha distancia de 8,5.

Todas as andainas serán de dificultade media. Recoméndase levar calzado axeitado e auga. As prazas son limitadas: 50 por roteiro. As inscricións son obrigatorias. Abrirón o luns previo a cada andaina e para inscribirse hai que cubrir o formulario que atoparemos escaneando o código QR do cartel ou na páxina web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.