Este sábado Azul de Portosín celebra a súa gran festa do verán con degustacións, monólogos, concertos e unha homenaxe a José Blanco Agraso

20 Agosto 2025

A marca Azul de Portosín, distintivo impulsado pola Confraría de Pescadores San Andrés, está este sábado 23 de celebración, achegando a veciños e visitantes unha completa xornada de exaltacións gastronómicas e culturais para todas as idades.

Na vertente gastronómica a xornada incluirá, no porto de Portosín, unha demostración ás 12.30 horas a cargo de membros da Asociación de Cociñeiros da Ría da Estrela, que darán forma a un “menú Azul de Portosín” cos catro principais peixes da marca: sardiña, xurelo, xarda e bocareu (anchoa), ao que se suma a empanada de sardiña. Haberá sorteos entre os participantes.

Ás 12.45 celebrarase a presentación e degustación da conserva Azul de Portosín e ás 13.00 horas farase unha homenaxe póstuma a José Blanco Agraso trala súa adicación e contribución ao sector pesqueiro. Ás 13.30 horas está previsto un monólogo co humorista galego Pepo Suevos, que porá o toque de humor á degustación.

Pola noite será a quenda da música, co Festival Azul de Portosín. Actuarán (ás 21.00 horas) Denis Romero (Fuerza Vital), Flow del Norte (ás 22.00 horas), Los Limones (23.00 horas) e La Frontera (0.30 horas). A festa rematará con música das pasadas décadas e DJ Jalaiko.

A festa está organizada pola Confraría de Portosín co apoio da Xunta (Turismo de Galicia), o Concello de Porto do Son, Abanca e Sotavento.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.