Luns 18, iniciase a semana con néboas matinais e descenso das temperaturas

17 Agosto 2025

Este luns Galicia situarase nunha posición intermedia entre as altas e baixas presións, baixo a influencia dunha circulación do noroeste. A xornada comezará con néboas e nubes baixas en boa parte do territorio, con posibilidade de orballos ocasionais no litoral norte.

Co avance do día, os ceos irán abrindo, dando paso a unha tarde de alternancia de nubes e claros, máis despexada nas Rías Baixas e con maior nubosidade no norte da comunidade.

As temperaturas descenderán de xeito moderado, especialmente nos valores máximos nas zonas do interior. Os ventos soprarán de compoñente norte, con intervalos moderados.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.