Até 1.800 persoas asistiron aos concertos da Noia Harp Fest

08 Agosto 2025

A 12ª edición do Noia Harp Fest despídese ata o ano que vén consolidando o evento como “todo un referente cultural no mundo da arpa”, en palabras da organización deste prestixioso certame (Nalgures e o músico local Rodrigo Romaní), que engadiu no seu balance que “tras cinco xornadas de concertos, con trece actuacións en sete escenarios, o festival, o único dedicado ao instrumento no noroeste peninsular, bota o pano “cun éxito rotundo tanto de asistencia de público coma de calidade artística”.

Foto da gala final do certame achegada por Jerry Elefarte

O evento cultural, organizado por Nalgures Producións, e que conta coa dirección artística da Asociación Noia Harp Fest, reuniu estas semanas na vila de Noia a intérpretes recoñecidas a nivel internacional, como Ana Crismán, Kevin Le Pennec, Rebecca Hill ou Yofre Brito, no marco dunha programación variada e innovadora, na que a excelencia musical foi o sinal de identidade. 

Ao longo de cinco xornadas, máis de 1.800 asistentes puideron gozar dunha ampla programación de trece concertos (doce deles gratuítos) que achegaron o instrumento ao público a través da súa interpretación tanto con diferentes tipos (arpa de pancas, arpa de pedais, arpa tripla barroca, arpa llanera) coma de ámbitos ou estilos musicais (clásico, folk, música antiga, flamenco, etc). 

Primeiras espadas do instrumento, e tamén as xeracións máis novas do país, deron conta da súa calidade nunha serie de emprazamentos emblemáticos da vila, como a praza do Tapal, o Liceo de Noia, a praza do Curro -que acolleu a foliada de benvida cunha homenaxe a Emilio Cao-, a Igrexa Museo Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela e a Igrexa e Claustro de San Francisco. Precisamente esta última igrexa, que se estreou como sede neste 2025, revelouse como un escenario moi especial grazas a súa magnífica acústica, moi axeitada para o concerto de música antiga que ofreceu El concierto secreto, ensemble conformado por Juliette Commeaux e Laia Blasco; unha actuación celebrada coa colaboración da Asociación Española de Arpistas (AEDA), coa que Noia Harp Fest segue a tecer rede para presentar, en Galicia, o mellor do talento peninsular. 

Nesta liña divulgativa, o festival celebrou o IV Encontro de Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia, unha cita anual de referencia tanto para as e os estudantes do instrumento como para os seus centros. Unha xornada de convivencia, aprendizaxe, música e experiencia que garante un grande futuro para a arpa en Galicia. Este ano, ademais, as máis de 20 participantes tiveron a oportunidade de poder ensaiar unha peza conxunta cun dos artistas desta edición, Kevin Le Pennec.

O 12º Noia Harp Fest despediuse onte cun concerto especial, como foi a Gala de Entrega do III Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, na que se estreou Cuatro historias gallegas, do guitarrista e compositor arxentino Federico Beilinson. O Teatro Coliseo Noela acolleu unha celebración na que a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Sebastian Zinca (e con Claudia Besné e Francesca Romana Di Nicola coma solistas), estreou a obra gañadora deste certame, impulsado polo festival e polo Concello de Noia. Tamén se puido escoitar, por vez primeira, Folías Celtas, mención de honra do Portus Apostoli, peza composta polo uruguaio afincado na Coruña Gabriel Bussi. 

Tanto a organización (Nalgures Producións) como a dirección (Asociación Noia Harp Fest) queren agradecer a artistas e público a súa participación na programación, e moi especialmente, ás institucións que fixeron posible esta 12ª edición: o Concello de Noia, Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, Deputación da Coruña e Acción Cultural Española AC/E.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.