PuntoGal celebra o 25 de xullo lanzando un servizo de correo electrónico en galego e gratuíto

23 Xullo 2025

PuntoGal e Raiola Networks xuntaron forzas para achegarnos unha das grandes novidades da Rede galega neste verán: un servizo de correo electrónico en galego e de balde, omeu.gal. Esta ferramenta, segundo indican PuntoGal e Raiola, permitirá a calquera persoa dispoñer dun enderezo personalizado cun dominio .gal, de balde, desenvolvido en software libre e con altas capacidades.

Engaden que estariamos ante “o primeiro sistema de correo de balde cun dominio .gal, aloxado nos servidores de Raiola, e baseado nunha interface de fonte aberta en continua revisión e mellora”. Respecto da súa posta en marcha, salientan a súa sinxeleza: só precisamos dun correo alternativo para recuperar o contrasinal en caso de esquecelo e os datos básicos do usuario para empezar a funcionar.

Detacan tamén que Omeu.gal está totalmente en galego, incluído o sistema de axuda. A única condición para aproveitar os 3 GB de espazo que ofrece é usalo con certa periodicidade, polo menos unha vez cada tres meses.

O correo pode empregarse desde calquera explorador e conta con versións para dispositivos IOS e Android, sempre con acceso seguro SSL.

PuntoGal e Raiola quixeron que o lanzamento coincidise coa celebración, este 25 de xullo, do Día de Galicia, para pór de manifesto a súa vontade de celebrar a nosa cultura a través da Rede e reivindicar a dispoñibilidade de servizos básicos na nosa lingua. Esta colaboración (a primeira) entre PuntoGal e Raiola completarase nos vindeiros meses cunha versión premium do servizo, de pagamento, e con características extra como a vinculación cun dominio propio ou capacidade ampliada a 10 GB. Ambas entidades estudan, igualmente, o lanzamento doutros produtos e servizos vinculados nunha colaboración a longo prazo.

O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que este servizo é unha “vella e recorrente demanda dos clientes de PuntoGal, e forma parte do compromiso do dominio coa sociedade galega e o seu idioma”. Janeiro, quen agradeceu a colaboración de Raiola neste proxecto, salientou as capacidades do servizo de correo e púxoo como exemplo de caso de éxito das alianzas entre entidades galegas no ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). “Omeu.gal é, ademais, o punto de partida para novos desenvolvementos e proxectos neste ámbito, sempre no marco do programa corporativo do dominio de desenvolver e apoiar iniciativas no ámbito das TIC, a cultura e a lingua galega”, concluíu.

Pola súa parte, Álvaro Fontela, director executivo (CEO) de Raiola Networks, afirmou que “é un pracer poder colaborar con PuntoGal aportando a nosa experiencia acumulada ao longo destes anos; o noso obxectivo sempre foi ofrecer un servizo de calidade e adaptado aos cambios do sector e ás necesidades dos nosos clientes e poder dispoñer dun servizo de correo propio, e en galego, é algo totalmente indispensábel para calquera negocio. Agardamos que esta alianza con PuntoGal sexa un punto de partida para futuros proxectos. Pola nosa parte, seguiremos traballando e apoiando distintas iniciativas no eido das TIC en Galicia”, engadiu.

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.400 dominios .gal rexistrados.

Raiola Networks é un provedor de hospedaxe en liña e solucións dixitais de referencia para empresas de todos os tamaños. Fundada en Lugo no ano 2014, na actualidade conta cun equipo de aproximadamente 60 empregadas/os. Raiola Networks dá servizo a máis de 80.000 clientes de todo o mundo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.