A Confraría de Pescadores de Muros e Afundación convidan a respectar a riqueza ambiental e paisaxísticas das praias

18 Xullo 2025

Afundación (Abanca) e a Agrupación de Marisqueo a pé da Confraría de Pescadores de Muros presentaron este venres 18 de xullo, no paseo da praia do Castelo de Muros, a campaña Goza da praia sen deixar pegada, que se desenvolve en colaboración co Concello de Muros. A iniciativa ten como obxectivo mostrar ás persoas usuarias das praias diferentes aspectos relacionados coa actividade marisqueira nos areais, boas prácticas e distintos consellos que axuden a respectar estes ecosistemas e as especies que habitan neles, co fin de evitar alteracións que poidan afectar tanto ao seu equilibrio como ao propio medio de vida destas traballadoras do mar.

A campaña forma parte do programa Educación para a sostibilidade da Obra Social de Abanca, primeiro premio nacional de Medio Ambiente de CECA, co que se pretende promocionar na sociedade un conxunto de boas prácticas ambientais para concienciarnos sobre a inmensa relevancia das pequenas accións do noso día a día.

O colectivo de mariscadoras de Muros encargarase da difusión das boas prácticas a pé de praia, entregando aos turistas cinceiros portátiles, para evitar que se enterren ou se deixen cabichas sobre a area, e bolsas reutilizábeis coa mensaxe da campaña, animando a recoller lixos mariños durante os paseos de lecer polo areal.

De xeito paralelo á campaña informativa, instalouse na contorna da praia do Castelo unha exposición con tótems informativos sobre a práctica marisqueira, o valor da biodiversidade e distintos consellos e boas prácticas sobre o uso recreativo dos areais.

Empregar cremas de protección solar respectuosas cos océanos e aplicalas como mínimo media hora antes do baño, non mover ou voltear pedras de tamaño medio, non deixar cabichas enterradas ou sobre a area, ou non deixar lixo nas praias, son algunhas das sinxelas prácticas que repercutirán sen dúbida en beneficio do medio e de todas as persoas usuarias das praias, tanto as que as empregan de maneira recreativa como das que desenvolven nelas a súa actividade profesional.

O acto de presentación contou coa participación de Adela Lestón, presidenta da Agrupación de Marisqueo a pé da Confraría de Pescadores de Muros; María Lago, alcaldesa de Muros, José Manuel Mourelo, coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación; o director de zona de ABANCA, Miguel Ángel García Rey e a directora técnica do proxecto PLANCTON, Saleta González.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.