Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

11 Xullo 2025

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun completo programa para todas as idades. A axenda dará comezo o sábado 12 de xullo, ás 10.00 horas, co torneo de birlos tradicionais no Campo de Triñáns. Ás 19.30 horas disputarase un partido de fútbol de solteir@s contra casad@s no campo de Valiño.

O domingo 13 arrincará ás 13.30 horas unha sesión vermú Drippers e ás 17.30 haberá actividades para a rapazada con cucañas, mesa de maquillaxe e xogos populares.

O luns 14 celebrarase pola noite a Festa Ibicenca de Cabo de Cruz e o martes 15 será unha xornada de música: a primeira hora do día cos grupos tradicionais Arume e O Ar de Loureda e pola noite coa París de Noia e DJ Matrek. Entremedias, ás 20.00 horas, haberá unha sesión de maxia con Dani García.

O mércores 16 volverá a música de mañá con Arume e O Ar de Loureda e ás 11.30 horas está prevista a saída da Virxe cara á Lonxa, onde se celebrará, ao mediodía, unha misa cantada na honra da patroa da xente do mar. Logo sairá a procesión marítima. Ao rematar os actos relixiosos, ás 13.30 horas, comezará unha sesión vermú con Dj Places.

Pola noite, ás 22.30 horas, haberá verbena coa orquestra Solara, Dj Places e A Banda da Balbina amenizarán a verbena. Ás 00.00 horas haberá unha gran tirada de fogos artificiais na Ribeira Grande.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.