Muros pon en valor os recursos do seu CIM para atender as mulleres que sofren agresións

08 Xullo 2025

O Concello de Muros emitiu un comunicado no que reivindica (e lembra) a actividade do Centro de Información á Muller (CIM), servizo municipal ao que poden acudir as mulleres dunha forma segura, anónima e gratuíta.

No comunicado, que vén a raíz de “informacións de feitos dos que o Concello tivo coñecemento nestes días e que non podemos tolerar nin admitir”, recórdase á veciñanza que “en Muros contamos cos recursos necesarios para axudar e asesorar a calquera persoa que sufra unha agresión sexual ou calquera tipo de abuso físico ou psicolóxico”. E engaden: Ningunha persoa debe permanecer calada ante un feito así”.

O Centro de Información á Muller (CIM) de Muros está na rúa Rosalía de Castro, 30. Aberto en horario de 08:00 a 14:00 horas de luns a venres. Teléfono 981 76 24 65.

O centro atende as dificultades, necesidades e demandas das mulleres de Muros para facer valer os seus dereitos nos ámbitos persoal, profesional, social e familiar, cunha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, ás que se lles presta axuda, asesoramento xurídico e atención psicolóxica.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.