Cáritas reparte peixe fresco donado pola Lonxa ribeirense

09 Abril 2020

Mais de cen familias están a recibir axuda de Cáritas . Esto supón un incremento do número de persoas que reciben prestación da ONG católica. A este reparto de axuda que se fai os luns incorporouse agora o de peixe fresco donado pola Lonxa de Ribeira que fai de intermediaria cos armadores locais. O reparto realizase os xoves no centro parroquial de Cáritas e amais de familias da parroquia están a recibir comida veciños de Carreira e Aguiño a través da Cáritas desas ferigresias.

Voluntarios de Cáritas co párroco de Santa Uxía preparan o peixe para entregar a familias. Foro cedida

Cáritas Ribeira fai hoxe un novo chamamento para poder axudar a persoas maiores e soas que necesitan axuda para facer a compra.

Os voluntarios poden poñerse en contacto coa ONG no número 633 392 477. Tamén poden chamar a Servizos Sociais, Cruz Vermella e Protección Civil para avisar en casos que se coñezan de persoas maiores soas.

Cáritas necesita axuda para o Banco de Alimentos que está moi limitado e asi entrega vales nominativos para que familias necesitadas poidan recoller o mínimo en hixiene, limpeza e alimentación. A axuda inclúe a compra de bombonas de butano.

Os que podan colaborar, agradecese un donativo de 5, 10, 20 euros, cada un o que poida. Cáritas está recibendo xa chamadas de xente confinada que no ten alimentos en casa e no ten ingresos posto que traballan en mercadillos, chatarra etc.

Non esquecer si se fai un ingreso en efectivo ou transferencia poñer nome e D.N.I para desgravar no IRPF 2021. No cartel de abaixo figuran as contas de Cáritas no BBVA e ABANCA.

UN PEQUENO ESFORZO PARA QUE OS NOSOS VECIÑÓS MAIS NECESITADOS NON PASEN UN CALVARIO. HAI MOITOS NENOS QUE NECESITAN A NOSA AXUDA.

Tamén ss pode chamar a Servizos Sociales do concello, Cruz Vermella, Protección Civil ou a ONG ICE Renovación Ribeira se alguén prefire outro circuito para axudar.

Bolsas de alimentos preparadas por Cáritas no centro parroquial. Foto cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.