Medio cento de maiores de 60 anos participaron nos Obradoiros de Memoria de Lousame

03 Xullo 2025

O Concello de Lousame celebrou nestes últimos días as festas de fin de curso dos seus Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta na que participan medio cento de veciños e veciñas maiores de 60 anos. Unhas festas que están tendo lugar nos respectivos locais sociais onde se imparte esta iniciativa: Sanguiñal, Aldeagrande, Cruído, Vilacoba e Escabia.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, animou aos maiores do municipio a sumarse a esta iniciativa xa que “o seu obxectivo é mellorar a súa calidade de vida a través de actividades coas que exercitan a súa mente, axudando a previr o deterioro cognitivo, e que tamén promoven a súa socialización, pois teñen un tempo para xuntarse coa veciñanza e recordar xuntos o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”.

Os Obradoiros de Memoria son unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame en colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade. Están abertos a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.