O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns

03 Xullo 2025

O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns. O importe da licitación é de 67.387 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 17 de xullo mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público.

O obxecto destas actuacións que se pretenden levar a cabo é mellorar o firme e realizar un percorrido accesible e seguro á praia de Mañóns, así como canalizar as pluviais eliminando a infraestrutura de drenaxe que na actualidade xera problemas de seguridade viaria. Preténdese a renovación duns 180 metros da vía de acceso que ten un ancho de 8 metros, así como xerar dúas beiras de 5m de ancho a cada lado de chan compacto de area cemento para facilitar o estacionamento e accesibilidade á praia.

Para o pavimento empregarase mestura bituminosa en quente de 5cm de espesor con regos de adherencia entre capas; e para o percorrido accesible á praia executarase un sendeiro de pavimento natural nas beiras este e oeste, dun ancho medio de 5m.

Para levar a cabo esta actuación o Concello de Boiro conta cunha subvención da Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+).

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.