Padrón licita proxectos por máis de 1,5 millóns de euros

02 Xullo 2025

O Concello de Padrón vén de dar un importante avance en proxectos de mellora de infraestruturas ao licitar, nos últimos vinte días, un total de sete obras que supoñen un investimento conxunto de 1.594.541,45 euros. “Este volume de licitación marca o inicio dunha nova etapa na que executaremos unha gran batería de obras para mellorar vías e espazos públicos do noso municipio que adoecen dun flagrante déficit de mantemento”, asegurou o alcalde, Anxo Arca.

Entre os proxectos licitados, os dous de maior importe son a reforma integral da escola infantil municipal, que o Concello tivo que trasladar temporalmente pola súa insalubridade e que conta cun orzamento de 892.656,46 euros. A reforma do campo de fútbol de Estramundi, para renovar o céspede artificial, dotalo de drenaxes, rego e outras melloras, conta cun investimento de 358.993,97 euros.

Ademais o Concello saca tamén a licitación a reforma de dous parques infantís: o da rúa Vila de Rianxo (65.287,79 €) e o de A Devesa, en Estramundi, (52.000 €). Nas últimos días tamén comezou o proceso de contratación da mellora de diversos camiños municipais: en Sinde e Pedroso (71.324,80 €), Pedreda (73.808,88 €), Pazos e Vilar (80.469,65 €).

Estas actuacións están financiadas a través do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña, correspondente a distintas anualidades.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, salientou que este volume de licitacións marca o inicio dunha nova etapa centrada na execución de proxectos de maior envergadura. “Unha vez concluídos os procesos de estabilización do persoal municipal, establecida xa a senda de traballo en canto á tramitación de licenzas de obras particulares e realizado o mantemento de diversas infraestruturas públicas existentes, iniciamos unha nova fase centrada na licitación de obras que permitan mellorar de xeito significativo o estado do noso viario e doutros espazos públicos que levan anos abandonados como consecuencia do desleixo e da incapacidade dos derradeiros gobernos do Partido Popular”.

Segundo o rexedor, este ritmo de licitación evidencia a capacidade organizativa do Goberno local, que aspira a manter esta dinámica nos vindeiros meses. “Durante os dous primeiros anos de mandato, sementamos. Agora toca recoller os froitos dese traballo. Van ser moitas as obras que se materialicen a partires de agora para que todos os territorios do municipio noten melloras máis ca necesarias”, afirmou Anxo Arca.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...