VII Travesía a Nado Illa de Rúa: deporte e solidariedade este domingo en Ribeira

18 Xuño 2025

Este domingo 22 de xuño celebrarase a sétima edición da Travesía a Nado Illa de Rúa, un evento xa consolidado no calendario deportivo galego, cun marcado carácter benéfico a favor da Asociación Contra o Cancro de Ribeira (ACCR).

Na presentación oficial participaron representantes do Concello, do Club Náutico de Ribeira e da ACCR. A presidenta da asociación, María José Carreira, destacou que as prazas para participar xa están cubertas, con 150 nadadores e nadadoras procedentes de toda Galicia e España, e que o evento segue a medrar cada ano.

A travesía, de 4.500 metros entre a Illa de Rúa e o Club Náutico, comezará ás 11:30 horas, tras o traslado en catamarán ás 10:45. A previsión meteorolóxica é favorable, cunha temperatura da auga entre os 17 e 18 graos.

Haberá trofeos para os tres primeiros postos masculino e feminino, ademais de premios especiais para o participante máis veterano e para quen bata o récord actual da proba: 55 minutos.

Este ano homenaxéase a Gloria Lijó, nadadora que comezou neste deporte aos 55 anos e representa o espírito de superación e paixón pola natación.

O alcalde Luís Pérez destacou a importancia desta travesía na proxección deportiva e solidaria de Ribeira, así como o papel activo da ACCR como entidade comprometida coa sociedade.

.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.