A campaña da ABE a prol do comercio local arrinca con máis de 120 votacións no primeiro día

12 Xuño 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fixo un primeiro balance da actividade xerada pola súa nova campaña a favor do comercio de proximidade (Dá a cara polo comercio local), que, segundo indicou a patronal, comezou “con moi boa acollida por parte dos clientes e veciños da localidade”. Só no primeiro día de lanzamento, a iniciativa rexistrou máis de 120 votacións na web da ABE, “un dato que reflicte o interese e a conexión da veciñanza coa proposta”, salientou a asociación.

Como lembraremos, a campaña está protagonizada por catro familias reais de Boiro, seleccionadas mediante un casting previo, e distribúe a súa mensaxe positiva por distintos puntos da vila mediante unha combinación de soportes: 24 pancartas en farois, 2 lonas de gran formato na fachada da Praza de Abastos e, como novidade, 2 monólitos informativos na avenida da Constitución.

“A amplitude e variedade destes puntos de instalación permiten que a campaña estea presente nas zonas comerciais máis representativas de Boiro, achegándose á vida diaria da xente e xerando un impacto visual destacado”, sinalou a ABE, engadindo que “superar as 120 votacións en tan só 24 horas é unha mostra clara de que a campaña chega, emociona e conecta coa xente, e é tamén unha recompensa ao esforzo que fixemos dende a ABE para innovar na forma de comunicar e chegar a todas as zoas comerciais”.

A ABE quixo agradecer “o apoio recibido por parte da veciñanza, do tecido comercial e das institucións, e pon en valor o traballo colectivo que fixo realidade esta campaña”. A visibilidade nas rúas manterase ata o 31 de agosto, “permitindo que tanto residentes como visitantes coñezan e reflexionen sobre a importancia de mercar no comercio de proximidade”.

Ademais, a campaña inclúe unha parte participativa: ata o 22 de xuño, calquera cliente pode votar pola súa frase favorita —das 8 propostas polas familias— a través da web www.abe.gal ou escaneando os códigos QR dos monólitos.

O 23 de xuño celebrarase un sorteo entre todos os participantes, con tres lotes de premios composto por: un smartwatch, uns auriculares sen fíos e un bono de compra de 100 € para consumir no comercio local.

A ABE habilitou na Rede unha ligazón específica para as votacións.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.