Sábado 7, nubes con tendencia a despexar. Domingo con sol e forte suba da temperatura

06 Xuño 2025

O sábado teremos unha xornada te transición na que irá aumentando a influencia anticiclónica en Galicia. Agárdase unha mañá de ceos con mais nubes na metade oeste, onde non se descarta algunha chuvia feble, illada e ocasional; nubes e claros no resto. Pola tarde, tendencia á apertura de grandes claros ao sur. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. O vento irá virando de compoñente oeste a compoñente norte ao longo do día, soprará frouxo en terra e con intervalos moderados no mar.

Domingomcon ceo pouco nubrados ou despexado. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.