Airiños organiza este sábado unha Mesa de Creadoras con Nico Elsker, Elena Ferro, Nove Noel, Mercedes Peón e Mónica de Nut

28 Maio 2025

A histórica agrupación Teatro Airiños, con sede en Asados (Rianxo) organiza este sábado 31 de maio a partir das 19.00 unha Mesa de Creadoras, abeirada ao programa de actividades culturais Veladas de Primavera 2025, impulsada pola agrupación. A cita será no Centro Social Atalaia, nas Escolas Vellas de Asados Participarán o drag king Nico Elsker, a artesá e zoqueira Elena Ferro (Eferro), o muralista Nove Noel, e, representando a vertente máis innovadora da música tradicional galega, Mercedes Peón e Mónica de Nut. A Mesa de Creadoras é un coloquio organizado por Teatro Airiños dentro da programación cultural das Veladas de Primavera 2025. Coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.