A Confraría de Carreira e Aguiño recibe este venres a Medalla de Ouro do Concello de Ribeira polo seu centenario

23 Maio 2025

A Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño será distinguida este venres coa Medalla de Ouro do Concello de Ribeira, a máxima distinción institucional que outorga a corporación municipal, en recoñecemento aos seus cen anos de historia ao servizo da comunidade mariñeira e do desenvolvemento económico e social da zona.

O acto de entrega celebrarase no Auditorio de Ribeira e contará coa presenza de numerosas autoridades, entre elas o alcalde de Ribeira, que presidirá a cerimonia, así como representantes civis e membros da corporación. Tamén estarán presentes ex-alcaldes da cidade e representantes de entidades do sector pesqueiro e veciñal.

A Confraría de Carreira e Aguiño é hoxe unha entidade de referencia no sector pesqueiro galego, cunha traxectoria que inclúe a promoción da educación mariñeira, a creación de escolas de pesca, servizos médicos, cooperativas de consumo e unha forte implicación no benestar da comunidade.

O acto terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 20 horas-

Historia sobre o Pósito: Este sábado cumprironse 100 anos do “Pósito de Carreira”, xérmolo da  “Confraría de Carreira e Aguiño” | O Barbanza

Sede da entidade en Aguiño

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...