O Concello de Rianxo e a Policía Local agradecen o traballo do sarxento Primitivo Aliste tralo seu ascenso a brigada

20 Maio 2025

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, recibiu este luns 19 de maio, no salón de plenos, a Primitivo Aliste, sarxento do posto da Garda Civil durante os últimos 15 anos. Primitivo deixa Rianxo logo de acadar recentemente o ascenso a brigada.

Bustelo agradeceulle os seus anos de traballo no municipio rianxeiro, así como “a disposición a traballar sempre de maneira conxunta e coordinada co Concello de Rianxo, e en particular coa Policía Local, nas diferentes actuacións e dispositivos”.

Dende a Policía Local de Rianxo tamén felicitaron a Primitivo Aliste “polo seu recente ascenso a brigada” e desexáronlle “tamén moita sorte no seu próximo destino”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.