O Xulgado de Garda de Ribeira multa con 720 euros a un home que incumpriu reiteradamente o confinamento

31 Marzo 2020

O Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira, en funcións de garda, condenou un home ao pago dunha multa de 720 euros como autor dun delito continuado de desobediencia grave ao abeiro das disposicións incluídas no Decreto de Estado de Alarma iniciado por mor da pandemia de COVID-19. O motivo concreto da condena foron as repetidas ocasións en que o veciño fixo caso omiso das normas derivadas do devandito Decreto.

Segundo informan fontes do Xulgado de Ribeira, o sospeitoso recoñeceu que os días 17, 18, 19, 20, 22, 24, 27 e 30 de marzo incumpriu “de forma reiterada” a obriga de confinamento e chegou a un acordo coa Fiscalía sobre a condena. A sentenza, ao ser ditada baixo a conformidade de todas as partes implicadas no procedemento, non será recorrida.

Os feitos foron constitutivos de delito segundo o estipulado no artigo 556 e 74 do código penal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...