O Centro Lustres Rivas acolle a partir deste xoves a mostra “Ruralízate”

13 Maio 2025

Este xoves 15 de maio ás 19:00 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acollerá o proxecto Ruralízate, unha mostra fotográfica acompañada de faladoiro organizada pola Asociación Agroecolóxica Sachos á Rúa. O evento reunirá o traballo dos Tres de Xeve, colectivo formado polos fotógrafos Miguel Vidal, Cristina Saiz e Manuel Hermida, que mediante as súas lentes exploran a identidade rural dende múltiples perspectivas.

A proxección combinará: fotoperiodismo global (Miguel Vidal, colaborador de Reuters), con imaxes que van desde conflitos internacionais á vida cotiá nas aldeas, retratos con alma (Cristina Saiz, Pontevedra Viva), onde a emoción e a cultura rural se entrelazan; e natureza en estado puro (Manuel Hermida), con paisaxes e fauna autóctona que desafían o esquecemento.

Trala proxección, haberá un faladoiro aberto sobre como a fotografía pode ser ferramenta para reivindicar o valor do rural, coa participación do público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...