En Muros o Concello comeza as obras de reconstrución da ponte vella de Abelleira, derrubada pola borrasca “Kirk”

13 Maio 2025

O Concello de Muros comezará de inmediato as obras de reconstrución da ponte vella sobre o río Rateira, na parroquia de Abelleira, derrubada pola borrasca Kirk o pasado mes de outubro.

A ponte vella do río Rateira no seu estado actual

“Tomamos axiña decisión de reconstruír a ponte tras o temporal, pero foi necesario elaborar un proxecto de obra e solicitar varios permisos sectoriais”, sinalou a alcaldesa, María Lago, lembrando que o río Rateira viuse especialmente afectado pola borrasca Kirk, incrementando de xeito notábel o seu caudal. A auga, de feito, arrancou de raíz un salgueiro de grandes dimensións, que provocou o colapso da estrutura da ponte vella de Abelleira e o desprazamento das pedras que conforman as bases da ponte.

Estas seis grandes pedras (perpiaños) arrastradas pola riada, atópanse actualmente no leito do río e teñen un gran valor, tanto económico como etnográfico, segundo lembraron dende o Concello.

Estado orixinal da ponte

“As actuacións a realizar consisten na reconstrución das bases onde estaban apoiados os perpiaños para a posterior colocación dos mesmos. Esta reconstrución realizarase unicamente coas pedras existentes que se atopan no leito do río”, explicou a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.

A colocación dos perpiaños realizarase da mesma forma e na mesma posición na que estaban, mantendo así a imaxe e estrutura que tiña a ponte, sen utilizar outros materiais distintos aos orixinais. Na reconstrución non se utilizará formigón, e no caso de ser necesario para reforzar a base, este quedará oculto polas pedras.

A ponte forma parte tamén dun dos roteiros etnográficos máis significativos do Concello de Muros, xa que comunica cos muíños do río Rateira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.