O PSOE de Rianxo acusa ao goberno local de arbitrariedade nas obras de saneamento

10 Maio 2025

O grupo municipal do PSOE de Rianxo vén de denunciar publicamente a xestión que o goberno local, liderado por Rianxo en Común, está a realizar nas obras de saneamento e abastecemento en diferentes parroquias do municipio. Segundo os socialistas, estase a producir un “mercadeo institucional” que cualifican de inaceptable, con criterios “arbitrarios, sen base técnica nin transparencia”.

Nun comunicado difundido esta semana, o PSOE asegura que o Concello está a aplicar condicións desiguais segundo a zona: mentres en certas aldeas se executan as obras con fondos públicos e se repara todo o firme, noutras só se tapa a gabia aberta, sen acometer melloras adicionais. Tamén critican que a información ofrecida á veciñanza é “confusa, cambiante e, por momentos, enganosa”.

Desde o grupo socialista denuncian que os prezos para conectarse aos servizos varían en función da presión veciñal. “Dá a sensación de que o método do alcalde é lanzar primeiro unha cifra alta, por se cola, e, se vén a queixa, rebaixala”, afirman, acusando ao executivo de “xogar coa boa fe da veciñanza”.

O caso da Devesa, na parroquia de Asados, é outro dos puntos destacados pola oposición. Segundo o PSOE, esta zona ía ser incluída nos traballos xunto coa Marquesa, pero finalmente quedou fóra sen explicacións, a pesar de contar cunhas condicións técnicas favorables para a obra. “O alcalde debe explicar por que se priorizan unhas zonas sobre outras”, esixen.

Os socialistas reclaman “transparencia total, igualdade de trato e un modelo de xestión rigoroso”, e acusan tamén ao Partido Popular de ser “cómplice” desta situación por apoiar os acordos en Xunta de Goberno Local. Ao seu xuízo, estase a xerar unha “grave perda de confianza nas institucións” e un “claro menosprezo á veciñanza”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.