O programa educativo Capitán Mareas recala na Lonxa de Ribeira

08 Maio 2025

O novo programa educativo de VEGALSA-Eroski, a iniciativa Capitán Mareas, chegou na mañá deste 8 de maio á Lonxa de Ribeira para promover o consumo de produto do mar e dar a coñecer a actividade pesqueira local entre os máis novos da contorna.

Un total de 39 alumnos de 3º e 4º de primaria do CEIP Plurilingüe de Frións tiveron a oportunidade de coñecer o traballo da frota pesqueira da Confraría de Pescadores San Pedro xunto a Fernando Carreira García, director da Lonxa, co apoio do GALP Ría de Arousa e o seu presidente, Miguel Ángel Iglesias.

Ademais, os escolares aprenderon sobre a importancia de levar unha dieta equilibrada cociñando eles mesmos a súa propia receita de lirio acompañados dos chefs galegos de A Artesa da Moza Crecha, Lolo Mosteiro e Paula Martínez.

O taller contou coa visita de Alfonso Villares, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Vicente Mariño, primeiro tenente de alcalde do Concello de Ribeira, e Herminia Pouso, concelleira de Economía e Facenda; acompañados por Gabriela González, directora de Sostibilidade e Comunicación de VEGALSA-Eroski. Esta é a cuarta parada de Capitán Mareas nas lonxas galegas trala súa inauguración o pasado mes de abril en Burela, prevendo desprazarse nos próximos días a Fene (13/05), Sada (15/05), Baiona (20/05), Fisterra (22/05) e Puerto de Vega (27/05 e 28/05).

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.