Xosé Fortes presenta este venres en Boiro “En la piel de los héroes”

07 Maio 2025

Boiro acollerá este venres 9 de maio unha presentación literaria organizada pola Libraría Nobel. En concreto, darase a coñecer á veciñanza a obra En la piel de los héroes (Una conspiración democrática en el ejército franquista), de Xosé Fortes, editado por Tusquets – Tiempo de Memoria, con epílogo de Xabier Fortes. A cita será a partir das 20.00 horas. O autor estará acompañado de Rosa Tubío, libreira, Xoán Hermida, membro da directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, e María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro.

Sinopse

A comezos dos anos setenta, o exército español mostrábase impermeábel ás ansias de liberdade e democracia que xa manifestaban amplas capas da sociedade, e aparecía como un bastión invencible da ditadura e a represión ao final do franquismo. A pesar diso, unha reducida minoría de oficiais, entre os que se conta o entón capitán de infantería Xosé Fortes, desafiaron aos seus superiores coa fundación, en setembro de 1974, da Unión Militar Democrática (UMD). Este libro narra a historia de como este grupo de militares, alentados polo triunfo, meses antes, da Revolución dos Caraveis en Portugal, arriscaron a súa carreira e a súa liberdade para introducir os ideais democráticos nas forzas armadas e defender os principios da soberanía popular e os valores dunha sociedade progresista. Denunciados, detidos e condenados a longas penas por indución á rebelión, os membros da UMD tiveron aínda forzas para denunciar e advertir da crecente ameaza dun golpe de estado militar nos comezos da Transición. Só co paso dos anos estes auténticos heroes foron minimamente rehabilitados e merecidamente honrados pola democracia española que tanto contribuíron a consolidar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.