O Concello de Ribeira mellora o firme do estacionamento público de Deán

06 Maio 2025

O Concello de Ribeira vén de levar a cabo obras de mellora no firme do aparcadoiro situado no núcleo de Deán, un espazo que fora habilitado hai uns meses como área de estacionamento para dar resposta ás necesidades da veciñanza.

Despois das chuvias rexistradas neste inverno, o Goberno local considerou “necesaria” unha actuación para mellorar o estado do pavimento e garantir unha maior comodidade para os usuarios e usuarias deste servizo. O espazo é empregado tanto pola veciñanza do entorno como polas persoas que se achegan ata os Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), ambos situados nas proximidades.

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, destacou que “este aparcadoiro xa estaba a ser utilizado por moitas persoas, pero era necesario intervir para asegurar un acceso axeitado en calquera condición meteorolóxica. Con esta mellora seguimos mellorando os espazos públicos e garantimos espazos para a mobilidade da veciñanza”, sinalou, engadindo que “a actuación responde tamén a unha demanda da veciñanza da zona, que levaba tempo solicitando máis prazas de estacionamento, especialmente polas mañás tendo en conta a proximidade dos servizos municipais”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.