Aprobado o proxecto para rehabilitar a Casa da Cultura de Boiro

01 Maio 2025

Recreación da nova fachada da Casa da Cultura de Boiro

O Concello de Boiro celebrou este mércores día 30 de abril o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de maio. A sesión pode visualizarse íntegra, como vén sendo costume, mediante a canle de YouTube municipal. A sesión saldouse con importantes acordos: aprobouse por exemplo o proxecto para rehabilitar a Casa da Cultura, proposta da que falamos os días pasados salientando que vén cun investimento que ascende aos 3.854.895 euros e que o obxectivo do Concello é contar “cun auditorio polivalente e con proxección de futuro, así como unha nova biblioteca e aula de estudo que dea resposta ás necesidades actuais”, afirmou o alcalde José Ramón Romero na presentación do proxecto, engadindo que se garantirán os estándares de eficiencia e sostibilidade, así como de accesibilidade universal.

Votacións da sesión:

1 Aprobación a acta da sesión anterior – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

2 Aprobación inicial da proposta da Relación de Postos de Traballo – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

3 Aprobación do proxecto básico e de execución a obra de Rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro financiado pola subvención concedida mediante a orde TMA/178/2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública no marco do PRTR e delegación de competencias en materia de contratación do Pleno na alcaldía do Concello de Boiro – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

4 Convenio entre a Secretaría de Estado de Seguridad (Dirección General de la Guardia Civil) e o Concello de Boiro en materia de seguridade – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

5 Resolución de recurso de reposición presentado por Confederación Intersindical Galega (CIG) ante o acordo plenario do 21/11/2024 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

6 Expediente de recuperación de oficio da escola unitaria da Poza (San Mauro) – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e Boiro Novo) e 2 abstencións (BNG).

7 Crédito extraordinario 1/2025 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

8 Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2025 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abtencións (PP, BNG e Boiro Novo).

9 Operacións de crédito – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

10 Suplemento de crédito 1/2025 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

11 Moción do grupo municipal do BNG sobre a transformación do campo da lomba – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

12 Moción solicitando á RAG homenaxear a D. Raimundo García Domínguez Borobó polo Día das Letras Galegas 2026 – aprobación por unanimidade (16 votos a favor) *ausente no momento da votación unha concelleira do BNG.

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

    “Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

    Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.