O Concello de Boiro celebra os días 14 e 15 de maio a segunda edición da Feira de Emprego do Barbanza

11 Maio 2025
Imaxe da anterior edición da Feira de Emprego

O Concello de Boiro celebra os días 14 e 15 de maio unha nova edición da Feira de Emprego do Barbanza, logo do éxito da primeira celebrada en 2023. O encontro terá lugar no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e está destinado a empresas e tamén demandantes de emprego.

Estas xornadas teñen como finalidade “promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial da comarca do Barbanza e as persoas demandantes de emprego; así como dar a coñecer as principais estratexias en materia de formación e selección que se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais para facilitar a inserción laboral da comarca”.

Os foros de debate desta edición versarán sobre os avances tecnolóxicos da Intelixencia Artificial e a súa repercusión sobre as empresas e propoñer estratexias sobre a sustentabilidade a través da economía circular, tomando conciencia da importancia que supón para o desenvolvemento local e territorial e para a saúde medioambiental.

A programación dividirase en dúas xornadas, os días 14 e 15 de maio de 2025. O primeiro día estará destinado a dar soporte e atención ás empresas da comarca que queiran asistir para as mesas redondas. A primeira delas será sobre Intelixencia Artificial e futuro no emprego e a segunda das mesas redondas será sobre Economía Circular: unha aposta de futuro para a creación de emprego.

O segundo día, o xoves 15, estará enfocado ás persoas demandantes de emprego a través de diferentes obradoiros de media hora de duración nos que se proporcionarán opcións de formación ou reciclaxe profesional, ferramentas para mellorar a súa empregabilidade e facer procura activa de emprego, o emprendemento ou o autoemprego.

Durante a xornada contarase coa presenza de empresas de diferentes sectores que ofrecerán o seu espazo para informar sobre perfís máis demandados no seu ámbito, postos de traballo vacantes ou recollida de currículos. Ao final da xornada do xoves, todas as persoas que participen e interactúen con empresas, participarán nun sorteo especial. O número para a participación no mesmo asignarase segundo a inscrición realizada na páxina web municipal, sendo preciso estar presente no momento do sorteo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.