Ambar presenta a XI Carreira pola Diversidade, que se celebra o 11 de maio en Coroso (Ribeira)

30 Abril 2025

Este 30 de abril a Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional estivo presentando en Ribeira a XI edición da súa Carreira pola Diversidade. Na presentación estiveron presentes Xabier Vidal, concelleiro de deportes; Fernando Abraldes, concelleiro delegado de Mar; Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar; Joserra Figueira, responsábel de deporte da entidade e Manuel Alonso, integrante do Equipo Running de Ambar. Destacaron que a XI Carreira pola Diversidade terá lugar o 11 de maio ás na explanada de Coroso (Ribeira) ás 10h. Como complemento á modalidade presencial da Carreira, ofrécese a posibilidade de realizar unha andaina, a cal sairá xusto despois da saída da proba absoluta cas diferentes categorías.

Explicaron que as inscricións para as modalidades estarán abertas ata o 6 de maio en cronotec.es e na mesma plataforma está dispoñíbel a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.

A cota de inscrición é de 7,50€ e a recadación destinarase a organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades, ó mesmo tempo que tamén se ofrece un respiro e conciliación para as familias.

Abriu a xornada desta mañá Xabier Vidal, concelleiro de Deportes, quen falou da importancia dunha proba inclusiva na comarca e animou a todas as persoas que teñan a oportunidade de facelo a colaborar, tanto participando na proba coma a través da cota solidaria que tamén está dispoñíbel na páxina de Cronotec.

Proseguiu Milagros Pérez Rey agradecendo ó Concello de Ribeira polo seu labor na Carreira. Agradeceu especialmente a Xabier Vidal por estar aberto a escoitar as necesidades que se presentan dende a Asociación Ambar á hora de organizar a actividade e de facilitar todos os recursos posíbeis para levar a cabo a proba.

Tamén agradeceu a todas as empresas colaboradoras que a través das súas achegas fan posíbel que se poida celebrar unha nova edición da Carreira pola Diversidade. Son empresas como: Ramiro Carregal, Congalsa, Jealsa, Serdeco, Tarrío e Suárez, Toxo Telecom, Combustibles Puebla, Grupo Dunas, Rebeca Ozores, Pablo Ferreirós Vidal, Neumáticos Soto, Mariño Ortopedia, Conresa, Grupo Outeiral, Eclipse, Electrodomésticos Sampedro, Gadis, Max China, Fariña Bretal, Trazos Boiro, Climafrío, Dismac e Boiresa.

Manuel Alonso, integrante do grupo de running de Ambar compartiu a súa experiencia persoal como participante, como realiza os adestramentos para participar na XI Carreira para dalo todo evitando lesións e animou á comunidade a inscribirse para desfrutar xuntos da xornada do 11 de maio.

Joserra Figueira, falou das diferentes categorías do percorrido, da posibilidade anotarse na modalidade de andaina e que tamén hai categorías infantís con inscrición gratuíta.

Recalcou que as inscricións pechan o vindeiro martes 6 de maio ás 23:59h. Tamén engadiu que o día do evento haberá diferentes sorpresas coma sorteos despois do premios ou música en directo.

Pechou a presentación Fernando Abraldes, mencionando a importancia de todos os proxectos que impulsa Ambar, coma é neste caso un evento deportivo e solidario, a Carreira pola Diversidade, ó cal animou a todo o mundo a participar.

Cronograma

9:00 Reparto de dorsais

10:00 Comeza a categoría absoluta coa distancia de 5Km

10:05 Comeza a andaina

11:00 Categoría de 12 a 15 anos cunha distancia de 2Km

11:20Categoría de 9 a 11 anos, ten unha distancia de 1Km

11:30 Categoría de 6 a 8 anos, distancia de 300 m

11:45 Categoría de 0 a 5 a nos, cunha distancia de 100 metros

12:00 Entrega de premios

12:30 Concerto Ambareño e pincho solidario

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.