O Concello da Pobra fai un chamamento a seguir usando o servizo de asesoramento ás mulleres ante posíbeis casos de maltrato

26 Marzo 2020

Malia que o confinamento forzoso derivado de situacións como o estado de alarma polo COVID-19 que estamos a vivir xera situacións de irmandade e solidariedade, o certo é que tamén pode xerar, en determinados fogares, consecuencias diametralmente opostas. Con vistas ao potencial incremento dos casos de violencia de xénero, unha realidade que confirman as cifras e que vén motivada pola convivencia prolongada con agresores, os nosos concellos están a reforzar os servizos de atención social, malia a nova realidade que obriga a reducir ao mínimo a actividade presencial. Dende o Concello da Pobra lembran que está cen por cen activo o servizo municipal de atención telefónica e en liña.

Trátase, máis polo miúdo, dos seus servizos de atención psicolóxica e asesoramento xurídico para mulleres en situación de maltrato ou especialmente vulnerábeis. O Concello recorda que as veciñas que precisaren de axuda poden contactar chamando ó teléfono 981 83 27 64 ext. 2206 dende as 9.00 h ás 14.00 h, de luns a venres, ou escribir un correo a mariajose.perez@apobra.gal ou psicologacimapobra@gmail.com. No caso de emerxencia, recórdanse que deben chamar ao teléfono de atención ás vítimas de violencia de xénero, o 016, a calquera hora do día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.