Muros concéntrase este sábado para esixir unha solución ás deficiencias do servizo de Pediatría local

23 Abril 2025

Este sábado 26 de abril, ás 12:30 horas, as familias de Muros, a través da ANPA do CEIP Ricardo Tobío e co apoio doutras ANPAS e asociacións do municipio, e tamén do Concello e da alcaldesa María Lago, convocan unha concentración no Curro da Praza baixo o lema: Muros quere pediatras.

A mobilización xorde ante a crecente preocupación pola falta de atención pediátrica estábel no municipio, unha situación que, segundo indican os veciños e as entidades convocantes, “pon en risco a saúde e o benestar dos nenos e nenas da zona”.

As familias reclaman solucións urxentes por parte das autoridades sanitarias para garantir unha cobertura pediátrica digna e continuada.

Con esta concentración, as organizadoras queren visibilizar un problema que, segundo din, “afecta a toda a comunidade e esixir respostas claras e compromisos firmes”. Animan a toda a veciñanza a participar e apoiar “esta causa común, vital para o presente e futuro da infancia en Muros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.