Tentativa de roubo con diversas roturas na Piscina de Noia e no Campo de Fútbol Julio Mato

23 Abril 2025

A Piscina Municipal de Noia e máis o Campo de Fútbol Julio Mato foron obxecto de diversos ataques en diferentes elementos das instalacións na madrugada do pasado martes, perpetrados por persoas que están pendentes de identificar e co obxectivo de levaren material deportivo ou doutra índole do interior das dúas infraestruturas.

Dende o Concello compartiron un comunicado no que manifestan “o total rexeitamento do Goberno local a este tipo de comportamentos que prexudican a todos os veciños e veciñas, especialmente aos que fan uso diario destas instalacións deportivas”.

A Garda Civil xa está a traballar na identificación dos culpábeis e dende o Concello confían en que axiña sexan depuradas as responsabilidades.

O Concello agradeceu aos traballadores de recollida de lixo e a unha parella anónima que paseaba pola contorna a axuda prestada. Tamén agradeceu a colaboración da traballadora de limpeza que se atopaba neses momentos nas instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.