O informe final da dragaxe do Lérez mantén a Sálvora para o vertido dos áridos pero engade unha alternativa

11 Abril 2025

A Xunta remite ao MITECO o informe do CEDEX sobre a dragaxe do Lérez

A Xunta de Galicia recibiu o informe técnico definitivo do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), organismo dependente do Goberno central, sobre os puntos de depósito dos áridos procedentes das dragaxes das Rías Baixas, en particular o do Lérez, en Pontevedra. Tras a súa recepción, Portos de Galicia enviará de inmediato o documento ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) para que autorice o punto de vertedura correspondente.

O informe confirma o punto E8, situado preto da illa de Sálvora, como a “alternativa prioritaria” para o conxunto das Rías Baixas, mantendo a recomendación formulada no avance recibido en febreiro. Trátase do mesmo punto que fora utilizado ata abril de 2021, cando o MITECO decidiu suspender o seu uso á espera dun estudo de alternativas, o que paralizou a tramitación das dragaxes no sur de Galicia.

Respecto a as recomendacións para cada ría, o informe definitivo reitera que o punto D, ao sur das Rías Baixas, é o máis adecuado para as dragaxes da ría de Vigo, mentres que o punto E8 segue sendo a opción recomendada para a ría de Arousa. A principal novidade radica na ría de Pontevedra, onde o informe establece que os áridos poderán depositarse indistintamente na zona D ou na E8, ademais de suxerir que se adopte un enfoque individual en cada proxecto.

A pesar das conclusións do CEDEX, o inicio do depósito de áridos segue pendente da autorización do MITECO, que debe determinar o punto de vertedura final. En consecuencia, Portos de Galicia enviará este informe ao Ministerio para axilizar a tramitación ambiental e a posterior licitación das obras de dragaxe do Lérez e doutros 16 proxectos paralizados ao sur da ría de Muros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.