Intervención por vehículo con emisión de fume no Concello de Dodro

09 Abril 2025

O parque provincial de Boiro recibiu aviso ás 14:15 h, por un vehículo que emitía unha gran cantidade de fume mentres circulaba pola autovía AG-11, á altura do punto quilométrico 7 en sentido Ribeira, no Concello de Dodro.

Unha vez no lugar, localizouse o turismo parado na beiravía. O condutor informou que, tras unha avaría no motor, comezou a saír fume en abundancia do coche, chegando a perder visibilidade momentaneamente e temendo que se producise un incendio.

Durante a inspección realizouse unha valoración térmica do motor mediante cámara, comprobando que as temperaturas se atopaban dentro dos parámetros normais. Todo apunta a que a incidencia puido ser controlada polo propio condutor apagando o motor coa marcha posta.

Tras a chegada do servizo de mantemento da vía, que procedeu a sinalizar a zona, deuse por finalizada a intervención ás 14:36 horas, sen que se rexistrasen danos persoais nin materiais.

No operativo tamén participou unha patrulla da Policía en labores de apoio á seguridade viaria.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.