O executivo de Boiro aproba en solitario a subida de taxas urbanísticas

22 Marzo 2025

O goberno local de Boiro aprobou en solitario a ordenanza fiscal que revisa á alza as taxas urbanísticas. O equipo liderado por Romero non contou co apoio da oposición nun pleno tenso e cargado de reproches.

Mentres os socialistas defenderon que as taxas non son excesivas, o PP, BNG e Boiro Novo votaron en contra e criticaron a medida, considerándoa un imposto innecesario que non beneficiará ás arcas municipais. Luis Ruiz Laíño, portavoz do goberno local, asegurou que os novos impostos “foran estudados e consensuados”, afirmación que Fernando Manuel García Diéguez (PP) cuestionou. Ademais, Ruiz Laíño responsabilizou á Xunta de Galicia pola conxelación de transferencias ao Concello.

A modificación de taxas ten como obxectivo manter os servizos sen realizar recortes e fomentar un crecemento beneficioso para os veciños. Segundo o goberno local, as taxas, que oscilan entre 50 e 80 euros en función do tamaño da vivenda, non son desproporcionadas. Con todo, Raquel Suárez Regades (BNG) criticou a falta dun plan de aforro e considerou que a medida prexudica aos contribuíntes. Xurxo Triñanes (Boiro Novo) sinalou que o imposto supoñerá un gran esforzo para os veciños, a quen xa se lles esixiu sacrificios nos últimos dous anos de mandato.

Boiro Novo presentou dúas alegacións: unha para eliminar a taxa por completo e outra para eximir ás vivendas máis modestas, aínda que recoñeceron que a primeira proposta era inviable.

Aposta pola educación*

Durante o pleno tamén se aprobou por unanimidade unha moción presentada por Boiro Novo para ampliar a oferta formativa en ciclos de Formación Profesional e na Escola Oficial de Idiomas. O grupo municipal expuxo que a oferta educativa en Boiro é insuficiente, obrigando a moitos veciños para desprazarse a outros municipios. A iniciativa, apoiada polos 17 concelleiros presentes, reflectiu o consenso ao redor da necesidade de mellorar a educación no municipio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.