O Concello de Muros abre o prazo de inscrición nos campamentos Concilia Primavera

19 Marzo 2025

Coa chegada da primavera (oficialmente dá comezo mañá xoves, 20 de marzo) tamén se aproximan as vacacións de Semana Santa e dende o Concello de Muros anuncian a apertura do prazo de inscrición nos campamentos Concilia Primavera, pensado para nenos e nenas nadas entre 2013 e 2021, tendo prioridade as crianzas empadroadas en Muros con proxenitores traballando en horario de mañá. Os campamentos serán os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 09 a 14 horas. A solicitude de preinscrición remata o 25 de marzo ás 14 horas. Haberá unha quenda de 30 prazas no CEIP Ramón de Artaza e outra das mesmas prazas na Escola de Educación Infantil de Tal.

Segundo a alcaldesa, María Lago, o obxectivo de Concilia Primavera é: “Favorecer a conciliación, unha prioridade para nós, con servizos como o de Madrugadores ou os campamentos”. Engade Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino, que se trata “dunha alternativa de lecer con actividades guiadas para aproveitar o campamento dunha maneira lúdica”.

Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade e Muller puntualiza que: “Estes campamentos son unha iniciativa necesaria para igualdade”.

Para máis información sobre os campamentos cómpre visitar a web habilitada de Concilia Primavera.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.