A Xunta quere manter a actividade do comercio local a través da venda en liña e co apoio de Correos

18 Marzo 2020

O Goberno galego presentou hoxe unha iniciativa dirixida a garantir a actividade do comercio local malia as medidas restritivas postas en marcha polo Goberno central en relación ao COVID-19. Trátase dunha proposta para formalizar un convenio estatal con Correos que permita a continuidade da actividade do comercio local a través da venda en liña.

O proxecto foi dado a coñecer pola directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, quen participou este mércores 18 de marzo, mediante o sistema de videoconferencia, na Conferencia sectorial de Comercio Interior, presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e que se centrou na actual situación do sector en relación co coronavirus.

A proposta da Xunta incluiría condicións especiais ou bonificacións que axuden aos establecementos de proximidade a superar o estado de alarma e restricións no eido presencial, permitíndolles plenas garantías para vender en liña ou por vía telefónica. Neste sentido, Galicia defendeu a necesidade de combinar axudas económicas con medidas específicas coma o convenio proposto.

No encontro, o Goberno galego mén apoiou a publicación de protocolos para a seguridade e saúde laboral para venda en liña, venda a domicilio e venda ambulante, a maiores da guía de seguridade para o comercio que vai poñer a disposición do sector o Ministerio de Industria.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.